Preguntas frecuentes

¿Qué obrigas fiscais temos cando procedemos a venda da madeira e percibimos unha cantidade económica (que leva engadido o IVE do 12% e sobre a que se lle aplica a correspondente retencion do 2% (da base + o IVE)?

E necesario conservar o documento da venda da madeira como xustificante da mesma. E declarar estes ingresos na renta anual, é importante que según sexa o importe da venda, o feito de vender madeira pode obrigarnos, ainda que polos nosos ingresos habituais, (pension, salario,..) non estemos obrigados a facela .

¿Sería necesario darse de alta en algún epígrafe especifico para poder vender madeira e tributar por ela?, ¿cando sería necesario ou convinte facelo?.

Se a actividade de venda de madeira faise de forma particular, é algo ocasional e non habitual e non supón a nosa principal fonte de ingresos non é necesario darse de alta en ningún epígrafe, pero se os ingresos por este concepto son habituais é principal fonte de ingresos, si habería que darse de alta no correspondente epígrafe agrícola en facenda , coma empresario agricultor que desenrola una actividade, e tamen no correspondente rexime da seguridade social.

¿Cando se percibe unha subvención para a realización de traballos no monte e preciso incluíla na declaración da renda?.

Hai que declarala sempre, actuemos como vendedores particulares ocasionais , ou empresarios agricultores. Suporá un maior ingreso a declarar.

¿É posible desgravar gastos derivados da explotacion forestal (plantación, desbroce), asi como os gastos que poidan derivarse da certificacion da explotacion, (documentacion, visados técnicos, cuotas a entidades xestoras, etc)?

Se vendemos a nivel particular non poderemos deducirnos este gasto, Se vendemos coma empresarios agricultores forestais, según o rexime fiscal elixido, que pode ser Estimacion Directa (Ingresos-Gastos), Ou Estimacion Obxectiva(Modulos), si poderemos deducilos.

Nos casos da obtención de ingresos adicionais do monte(biomasa, froitos, cogumelos), ¿Terían a mesma consideración ca venda de madeira á hora de tributar?.

A Biomasa si tributa coma a madeira, pero os froitos e cogumelos, aplicaselles , tributan un 0,3% mais, a un índice de 0,26 sobre a base, mentres que á madeira aplicaselle un índice, un 0,23 en actividades foestais de corta superior a 30 anos en procesos de transformación que é o habitual.

A hora de herdar un monte e ter que aboar os correspondentes impostos ¿Pode ter algunha ventaxa o feito de adicarse a explotación forestal?.

Si, existen una bonificación de ata o 99%, no imposto de transmisions patrimoniais, pero o requisito é que o monte de onde se extrae a madeira esté afecto a unha actividade agrícola, é dicir, que a persoa que falece, sea titular do monte e que desenrolara unha actividade agrícola forestal de forma habitual.

¿Dende o punto de vista práctico cal sería o calendario fiscal para o propietario de montes que percibe rendas da explotacion ao longo do ano?.

Para os particulares que venden madeira de forma ocasional, no 2012 o plazo xeral que coincide para a campaña da renda anual.(dende o 1 Maio, hata 30 Xunio do 2013). Para os empresarios agricultures que desenrolan unha actividade forestal, deberán cumprir non só co plazo da campaña da renta anual , senon tamen coas obrigas de pagos trimestrais segundo o rexime fiscal elixido para tributar (Primeiro Trimestre plazo de presentación do 1 a 20 Abril, Segundo Trimestre, do 1 a 20 Xullo , Tercer Trimestre do 1 a 20 Outubro, Carto Trimestre do 1 a 20 Xaneiro do ano seguinte.

 

Información Proporcionada por BEMA ASESORES