Pico da Ferreira

Nesta ocasión a ruta a tratar está no concello de San Sadurniño e ademáis dun interés paisaxístico leva asociado unha lenda. En función das posibilidades de tempo e das condicións físicas do camiñante pode facerse camiñando como parte do PRG-47 ou facerse en coche prácticamente na súa totalidade.

Se optamos polo vehículo collemos a estrada de Ferreira na rotonda de San Sadurniño, seguimos pola mesma pasamos a igrexa ata encontrar á esquerda un desvío que indica Pico Ferreira. Continuamos pola mesma i encontramos o panel informativo e a subida.

 

 

 

A subida e practicable en vehículo (depende do vehículo e das condicións atmoféricas) pero é recomendable facela a pé. Xa perto do cume si se sube no coche pode deixarse( para tal fin xa hai un espacio específico para tal fin) xa que empeora o firme.

Dende aquí quedan uns 200 metros ao pico. Alí o primeiro que se ve son as torres de telecomunicación perfectamente visibles dende toda a zona. Entrado a dereita está excavada nas rochas a tumba antropomorfa que da pé á lenda do Pico e a cama do santo. A lenda di que nese lugar había antiguamente unha ermida, pero dado a pouca accesibilidade do lugar para os fregueses, fíxose outra máis abaixo e alí levaron o Santo, pero éste non se sentía cómodo na nova ubicación e subía todas as noites para a súa cama de pedra. Estas idas e voltas diarias fartaron aos veciños que acabaron por encadealo na igrexa de abaixo para que non escapase.

 

 

 

 

Detrás das torres de telecomunicacións está o mirador dende o que (en días claros) se ve boa parte da comarca (e o seu potencial forestal) incluido o castelo de Moeche.

Aqueles que desexen máis información da ruta e queiran facela dun xeito máis ortodoxa, poden obter máis información na web de San Sadurniño ou no club de montaña de ferrol http://www.clubmontanaferrol.com .

Para os que dispoñan de GPS as coordenadas do Pico son:  N 43º31.485 W 008º01.377