Gonipterus Scutellatus

Baixo este curioso nome ocúltase un dos elementos que máis perxudican as plantacions de eucalipto en toda a comunidade. O último dos inimigos do eucalipto chegou de Australia e localízase por primeira vez en Lourizán a comezos dos anos 90 do século pasado , polo momento podemos decir que é a especie que supuxo a praga máis importante para o eucalipto .

 

O Gonipterus scutellatus é un coleóptero de 7-9 mm de lonxitude e de coloración que vai de vermello tostado, cando son novos, a un castaño oscuro cando son máis vellos. E un típico representante da familia do Curculiónidos orixinario do sudeste de Australia.

Reprodúcense por ovos, sendo estes dun color amarelo brillante de 1 mm de lonxitude. Os vos agrúpanse en número de 6 a 12 envoltos cinha cuberta protectora de cor marrón negruzca chamada ooteca (pódense ver xeralmente nas follas da árbore na cara protexída da mesma). 

Trátase dun insecto defoliador que causa danos á planta tanto no estado larvario como no estado adulto. Por un lado os adultos aliméntanse das follas, concretamente do borde das mesmas, aínda que tamén atacan os gromos. Os primeiros estados larvarios danan a epidermis foliar, deixando unha especie de galerías ou estradas, en estados larvarios posteriores comen o limbo e os brotes da folla.

O insecto reprodúcese duas veces por anos, iso en certo modo favorece, como veremos máis adiante, o seu control. Na seguinte imaxe vemos os ciclos:

 
 

Os danos producidos son cuantiosos, e polo momento a única forma de mitigalos foi mediante o control biolóxico. Pode definirse o control biolóxico como o mantemento da densidade dunha especie por debaixo dun nivel determinado, gracias ao emprego dos seus inimigos naturais.

O control do Gonipterus pode conseguirse gracias a outro insecto (o himenóptero Mimárido Anaphes nitens) que deposita os seus ovos no interior das postas do gonipterus. Esta avispiña compórtase como un parasitoide, é decir é un tipo especial de depredador, caracterizado por atacar a unha sola presa ao longo da súa vida.  Para acadar tal obxetivo deposita os seus ovos nas postas do gonipterus, alí as larvas devoran o embrión da presa, de tal xeito que en lugar de sair novos gonipterus saen avispiñas.

   

Na seguinte figura podemos ver o ciclo biolóxico completo

 

En Galicia o sistema que se estableceu está constituido por tres elementos exóticos, cada un deles pertencente a un nivel trófico distinto: plantas (Eucalipto), herbívoros (Gonipterus) e carnívoros ( A. nitens). Neste sistema as interaccións negativas entre a planta e o herbívoro i entre o herbívoro e o depredador dan lugar a unha interacción positiva entre a planta e o depredador que controla ao herbívoro. Hai que ter en conta que o A. nitens reproduce moito máis rápidamente que o gonipterus.

 

Imos citar a dúas empresas que son as que máis tempo levan na loita biológica, con moi bos resultados. O proceso é similar en ambas (e podemos supoñer que no resto), e baséase en parasitar na propia empresa as ootecas e colocalas en pequenas bolsas de malla. Posteriormente colócanse no monte i en breve plazo comenzarán a emerxer as anaphes. Recoméndase o emprego de 50 ootecas parasitadas por hectárea. E aconsellable  efectuar o tratamento cando exista un gran número de ovos de gonipterus sobre as follas. Conven colocalas no monte durante as 48 horas seguintes á súa recepción.

                Ademáis da loita biolóxica (ou como complemento desta) está autorizado o uso de tratamento químico con FLUFENOXURON, trátase dun insecticida que interven nos procesos de muda, polo que a súa aplicación está indicada contra formas larvarias de gonipterus. Adxuntamos enlace por si se desexa ampliar información

 http://www.agro.basf.es/es/productCatalogue/ProductDetailShow.do?currentProductId=-5694

   

Adxuntamos os enlaces das dúas empresas que se centran na loita biolóxica:

 http://www.agroteibe.com/seccion.php?seccion=3

 http://www.reboreda.es/castellano/menu.htm
 
Dende a asociación queremos facer un chamamento aos socios interesados para conseguir as bolsas (adxuntamos fotografía), coa idea de facer pedidos conxuntos e poder acadar unhas boas condicións de suministro.
Agardamos que estas líneas fosen de utilidade e que sirvan para concienciar ao lector da gravedade do problemas. Non temos nada máis que darnos unha volta polo noso entorno e veremos ejemplares de árbores danados tanto en novas plantacións como en exemplares adultos.