Plantas melloradas

Para acadar un bos resultados nunha explotación forestal de Eucalipto Globulus precisase un terreo axeitado, unha silvicultura correcta e unha planta de boa calidade. Atrás quedaron aqueles semilleiros que se facían no monte para conseguir a planta e logo transplantala. 

Tras anos de investigación, tanto pública como privada, a industria (neste caso o grupo ENCE) está a ofertar unha serie de plantas que, según os seus estudos, se adaptan as condicións de solo e ambientais do noso entorno. As características máis salientables son:

 

-Maior supervivencia, superior ao 90%

-Crecemento medio anual superior nun 30% aos logrados con semente aos 8 anos e un 30% aos logrados co resto de planta aos 4 anos.

-Turnos de corta máis cortos. De 10 a 12 anos

-Resultados máis homogéneos na planta

-Mellores respostas ante axentes externos: Mycospharella (pola rapidez do cambio de folla de xuvenil a adulta) e á Phoracantha.

-Mellor resistencia ante a sequía

-Mellor calidade da madeira.

 

As recomendacións silvícolas xerais son:

 

Período de plantación: Todo o ano agás sequías estivais ou xeadas.

Condición climática: Precipitacions superiores a 600 mm ó ano, temperatura suave e altitude por debaixo dos 500 m

Preparación do terreo: E fundamental un desbroce previo e manter un control axeitado das malezas, sobre todo nos primeiros anos.

 

Plantación: Colocar a planta no centro i enterrar somentes o cepellón e pisar arredor da planta suavemente sin compactar o solo, é importante que quede recta. A densidade da plantación iría dende 1100 a 1450 plantas por hectárea dependendo da calidade da finca.

Fertilización de implantación: 250 gr. De abono sólido granulado NPK (8-24-16) máis aporte de boro ( 10gr. De Fertibor 15% ou equivalente) por planta. Repartido a 30 cm arredor da planta sobre o chan. No caso de forte pendente, na parte superior.

 

Tratamentos silvícolas:

 

De 1 a 3 anos:

 desbroces especialmente o 1º ano

 

3 e 4 anos:

Fertilización 500 gr de 15-15-15 por planta+boro (12gr de Fertibor ou equivalente por planta)

 

 

 

                A variedades de planta mellorada que se ofertan comercialmente son: Anselmo, Odiel, Candón, Sancho e Piedras. Agardamos dos socios que teñan experiencias con estas plantas acheguen os seus comentarios, xa que queremos contrastar as opinións dos productores de planta (que lóxicamente queren vender o seu producto) coas dos socios, antes de poder recomendalas.