Comunicado de prensa de PROMAGAL-AFG-APFA de 20 de Abril de 2012

Comunicado de prensa PROMAGAL-AFG-APFA de 20 de Abril 2012

 
 
 

 “ANTE A FALTA DE ACORDO CON ENCE, AS ASOCIACIÓNS DE PROPIETARIOS PROMAGAL, AFG E APFA RECOMENDARÁN AOS SEUS ASOCIADOS NON VENDER MADEIRA POR DEBAIXO DOS ACTUAIS PREZOS”

 

Despóis da reunión mantida entre diretivos de PROMAGAL (Produtores de Madeira de Galiza) en representación tamén de AFG (Asociación Forestal de Galicia) e APFA (Asociación de Propietarios Forestales de Asturias) e Ence o 19 de abril en Vilalba, na que finalmente non se chega a acordo, as asociacións recomendarán aos seus asociados non vender madeira por debaixo dos prezos actuáis.

.

20 de Abril 2012. A derradeira proposta realizada por Ence no referente á compra de madeira non satisfixo as demandas prantexadas por PROMAGAL, AFG e APFA que no seu momento xa foron flexibilizadas. “A tarifa de prezos que prantexa Ence non está mínimamente consensuada co sector nin se basea en datos obxectivos, de tal xeito que aplican o prezo base e primas a conveniencia” afirma Teresa Rañal, presidente de Promagal, federación que agrupa 24 asociacións de produtores de madeira do norte de Galicia. Segundo esta tarifa (www.ence.es)  o prezo base é de 18,50 €/tonelada madeira de eucalipto con casca, puidendo chegar aos 29 €/tonelada dependendo de diferentes factores: certificación, inclinación da finca, limpeza do monte, mantemento das pistas, etc. Segundo Rañal “Con esta política de prezos Ence instáurase en xuiz e parte na compra da madeira, aplicando unha baixada que oscila entre os 3 e os 12 €/tonelada segundo variables que eles mesmos xuzgan,”

 

O contexto actual é idéntico ao da negociación mantida entre Promagal e Ence no ano 2011. O prezo da pasta de papel subeu dende principios de ano 110 $/tonelada e sitúase actualmente en 759,18 $/tonelada. Para este valor de pasta os prezos para a madeira deben ser como mínimo de 32€/tonelada con casca e 38 €/tonelada sen casca.

 

Outro aspecto no que non se chegou a acordo é respecto da biomasa, xa que Ence non se prantexa pagar ao produtor prezo algún por este produto.

 

Dada esta situación, PROMAGAL, AFG e APFA recomendarán aos seus asociados non vender madeira por debaixo dos prezos actuais e manter a biomasa triturada no monte ata acadar valor comercial.

  

Outras negociacións

 

Actualmente Promagal está inmersa nunha serie de reunións con empresas estatáis e extranxeiras consumidoras de eucalipto e piñeiro para diferentes usos. “A boa marcha dos mercados do papel e enerxéticos supón un aumento do valor do noso produto nestes difíciles momentos de crise. A capacidade de organización e de loxística de PROMAGAL, AFG e APFA permiten poñer en destino grandes cantidades de madeira certificada polo que se abren boas expectativas nos mercados de exportación.”