Carta ao presidente de ENCE

 

Vilalba, 23 de Abril de 2012

Asunto: Exposición sobre as negociacións con PROMAGAL

 

Sr. D. Juan Luis Arregui Ciarsolo

Presidente de ENCE

 

  Os socios de PROMAGAL (Federación de Produtores de Madeira de Galiza) queremos facerlle chegar esta carta, con motivo do actual desacordo para a continuación das nosas relacións comerciais. PROMAGAL representa o sentir e preocupación de 4.000 socios galegos que dispoñemos de máis de 400.000 toneladas de eucalipto sustentable a disposición de ENCE. Consideramos que aínda estamos a tempo de chegar a un acordo que faga rendible o cultivo dos nosos montes en beneficio de todos, produtores e industria.

 

  Debemos recordar que o 24 de maio de 2011 PROMAGAL e ENCE asinamos un acordo histórico de venda por un total de 250.000 toneladas de eucalipto até maio de 2012. O valor da pasta no mes de negociación  oscilou entre 613,87 e 589,17 €/tonelada. O prezo marcado para o produtor é 32 €/tonelada con cortiza e 38 €/tonelada sin casca; estes prezos supoñen un 21% de beneficio para o produtor repartido en 15 años, ou o  1,4% anual.

  Como xa dixemos, PROMAGAL somos uns 4.000 propietarios de montes galegos asociados e agrupados en 24 asociacións de ámbito municipal das comarcas de A Mariña (Lugo), Ortegal, Betanzos e Costa da Morte (A Coruña), -a zona de máxima produción de eucalipto de Europa-, Traballamos activamente en pro do desenvolvemento forestal e o noso obxectivo é mellorar as condicións sociais, económicas e medio-ambientais no noso entorno rural, aportando riqueza con unha xestión forestal responsable e sustentable.

 

Queremos manifestar as razóns polas que non foi posible renovar o acordo anteriormente citado:

 

 

  Á vista de todo o exposto, debemos alertar do risco que supón para o sector en xeral e para o produtor en particular, unha política industrial inadecuada, que, ao mellor sen pretendé-lo, pode provocar o abandono progresivo do  monte por falta de sustentabilidade económica. Estas condicións que Vdes. establecen obrigan-nos a buscar outras alternativas que permitan o normal desenvolvemento económico e social do noso entorno e a recomendar aos nosos asociados que non vendan madeira de eucalipto  por debaixo de los prezos do pasado ano.

 

Desexamos poder chegar a un acordo con ENCE, que debería ser consumidor preferente dos nosos produtos.

Reciba un cordial saúdo                                             Os socios de PROMAGAL