Comunicado de prensa de 11 de Xaneiro de 2013

 

Promagal asinará para este ano acordos de venta por unha cantidade de 250.000 toneladas de madeira

 


“PROMAGAL AFRONTA O ANO 2013 CON BOAS ESPECTATIVAS NA VENTA DA MADEIRA”

Promagal asinará para este ano acordos de venta por unha cantidade de 250.000 toneladas de madeira, maioritariamente para o mercado de exportación.

10 de Xaneiro 2013.

      Nun contexto de subida do prezo da pasta de papel, actualmente 597 €/tm, e ante a demanda de madeira galega por parte dos mercados nacionais einternacionais, Promagal ven de asinar varios acordos de venta con rematantes e madeiristas galegos e con axentes dos mercados de exportación. O fundamental destes acordos é retomar as relacións iniciadas en anos anteriores coas empresas forestais galegas e portuguesas e asegurar así os diferentes mercados de consumo; deste xeito evítase a venta a un único consumidor de madeira o que garante un prezo estable para o produtor.

      Os acordos asinados son por un volume estimado de 250.000 toneladas que sairán de Galicia por diferentes portos e por transporte por estrada a diferentes empresas europeas e aseguran un prezo de 36,75 €/tonelada para o propietario de madeira de eucalipto certificada, coa garantía do control de Promagal na pesada e saída da madeira, planificación, contratos, certificación e coordinación, sempre defendendo os intereses dos seus socios e a consecución de un prezo xusto para os produtos e traballos forestais.