Federación

        Ante as reiteradas caídas de precios da madeira de eucalipto, van xurdindo voces que piden a paralización das ventas de madeira hasta que se acaden uns precios dignos.  Logo de moitas notas de prensa e charlas polos concellos, os esforzos van dando o seu froito coa aparición de asociacións de productores de madeira locais en boa parte do norte de Galicia. O primeiro paso xa estaba dado, pero faltaba dar outro para crear algún instrumento que puidera ser un interlocutor con peso diante do mercado e diante a administración. Con estas premisas xurde no ano 2006 PROMAGAL (Federación de Asociacións  de   Productores de Madeira de Galiza)

       Actualmente están federadas en PROMAGAL asociacións que abranguen boa parte do norte da provincia de A Coruña e da de Lugo.

Na provincia de A Coruña hai asociacións en:

  As Somozas, Betanzos, Cariño, Carballo, Cedeira, Costa da Morte, Ferrol, Grañas do Sor, Mañón, Moeche, Ordes, Ortigueira, San Sadurniño

Na provincia de Lugo hai asociacións  en:

   A Pontenova, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Vicedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, Viveiro, Xove

      Aqueles que  desexen asociarse algunha delas poden dirixirse á oficina de PROMAGAL máis próxima ou solicitar información en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

     No caso de que na súa zona non hai asociación e teñen interés en forma unha no seu concello poden dirixirse ao mesmo enderezo e tentaremos darlle a información precisa.

     Se desexa ampliar información prema:

          - Presentación Promagal

          -Tríptico Promagal