Revista
Certificación
Lexislación
PROMAGAL Sociedade Cooperativa Galega
PROMAGAL CONSTITÚESE EN SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA
Este xoves, 27 de Setembro de 2012, o Consello Reitor de “PROMAGAL COOPERATIVA AGRARIA GALEGA” rexistrou os seus Estatutos ante notario, quedando legalmente constituída.
27 de Setembro 2012. En Narón, o 27 de Setembro ás 19 h. lévase a cabo ante notario a constitución de “Promagal Sociedade Cooperativa Galega”. Previo a este trámite, o 11 de Setembro de 2012 en Santiago de Compostela, o grupo de asesores de Promagal formalizan os Estatutos da Sociedade perante o Rexistro de Cooperativas de Galicia.
A creación de “Promagal Sociedade Cooperativa Galega” permitirá aos seus socios a comercialización da madeira en mercados competitivos, a prezos diferenciados e con tódalas garantías económicas e de explotación sostible dos montes.
Neste acto de constitución, estivo presente o Consello Reitor da Cooperativa, en representación dos 47 socios fundadores, iniciando a súa andadura nas vindeiras semanas concretando diferentes negociacións abertas ao longo destas semanas.
Servicios o socio
Anuncios
