Outros usos do eucalipto

Nesta ocasión sí que imos falar do eucalipto, pero para amosar outras posibilidades, fora da obtención de pasta para papel. A madeira de eucalipto caracterízase pola súa elevada densidade e dureza así como polas súas excelentes propiedades mecánicas, facilidade de curvado e resistencia ao impacto.

A madeira emprégase en carpintería de interior (pavimentos, portas, escaleiras, estanterías, etc) e tamén para exterior  (fiestras, elementos estructurales, e carpintería de ribeira, bateas, etc.). adxuntamos taboa coas principales características:

A modo de exemplos podemos sinalar toda unha serie de traballos feitos con madeira de eucalipto: A nova sede  da Librería Couceiro en Santiago ten toda a súa carpintería interior con esta madeira, Hotel Porcillán (Ribadeo), Vivenda unifamiliar en Trabada (realizada integramente nesta madeira), a nova sede do CIS Madeira en Ourense, etc.

Coidamos que pode ser unha alternativa, ou un complemento, á silvicultura actual para producción de madeira de calidade. Obviamente require uns turnos de corta distintos (de entre 35 e 40 anos) e unha selección axeitada dos pés que van quedando no monte.

Quen queira ampliar máis a información recomendamos visiten a páxina web do CIS Madeira que dispon de ampla información de este e outros temas de interés.