Calefación con leña

Nestes tempos de crise que estamos a vivir os continuos incrementos dos combustibles habituais (gas, derivados do petróleo, etc) e da electricidade , poñen en valor outras posibilidades enerxéticas que sempre estiveron pero non se tiñan en conta.  No entorno no que nos movemos a ninguén lle resulta alleo o uso da madeira como elemento cun poder calorífico importante.

 

De feito nos últimos anos proliferan as instalacións de caldeiras de calefacción baseadas no uso de leña (xa sea como único combustible ou combinado con gasoleo ou gas) que poden alixerar moito a factura da calefacción (todo depende das posibilidades que teña o usuario de conseguir e trasladar a leña a bo precio).

Obviamente en función da especie obteremos un rendementos ou outros. Coidamos que pode ser unha boa solución aos restos de corta, co cal adquiren un valor engadido, certamente interesante mentras non evoluciona o mercado da biomasa. Ademáis como se ve na imaxe axuda a manter un balance correcto de CO o cal mitiga o tan temido cambio climático.

Aqueles interesados poden contactar cos instaladores habituais que os poden aconsellar das distintas solucións (con leña, leña+gasoleo, leña+gas, etc). Como todas as cousas encontrará detractores (como pasa coas novidades). Pero, sen ser a panacea, coidamos que é unha opción máis e así a tiñamos que tratar, a opción, coma sempre, é do usuario.

 

Quen queira ampliar información pode consultar os seguintes enlaces:

 

http://www.renovablesvilariño.es/

http://www.ocotodetaibo.com/

http://www.inega.es/

http://www.idae.es/index.php/mod.indice/mem.i

http://www.appa.es/