O mel e as abellas

Dende hai un tempo queríamos tratar nesta sección o tema do mel e as abellas como elemento asociado ao eido forestal. Dada a importancia do tema, coidamos que o mellor e deixalo nas mans dos profesionais que nos presentarán o seu traballo e as posibilidades que nos pode ofrecer, aproveitamos para agradecer a súa colaboración.

 

A CASA DO MEL DE GOENTE (AS PONTES), quere expoñer nesta sección, outra forma de facer mais produtivos os nosos montes e dun xeito compatible coas plantacións arbóreas.

Dende fai anos, nos montes, conviven AS ABELLAS e as plantas, beneficiándose ambas partes, mentres nós, recollemos mel e outros produtos das colmeas e tamén mellores colleitas nos cultivos por unha mellor polinización.

A nosa asociación quere animar a todos os propietarios de montes, a que se acheguen a apicultura. Nestes tempos de crise, daríamos un valor engadido os nosos terreos, poñendo unhas colmeas.

A Casa do Mel, e un centro de divulgación apícola que conta cun pequeno museo, laboratorio, sala de conferencias, un apiario, etc., organizamos durante todo o ano talleres relacionados cos produtos da colmea e o medio ambiente.

Cursos, os que pode asistir calquera que teña ou non abellas: cría de raíñas, formación de novos enxames, extracción de mel, polen, xelea real, própole, reciclado da cera, enfermidades e tratamentos das abellas, fructicultura, cestería, xabóns, xeles, e un longo etc.

Temos tamén no mes de outubro a feira do queixo e do mel de Goente - As Pontes.

Asesoramos ós apicultores ante calquera problema coas abellas. Poñemos a disposición dos nosos socios, unha sala de extracción e envasado de mel, facemos pedidos de material en conxunto, abaratando custes.

   

 

Para mais información, poden mandar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando o teléfono 661003616,Tamén poden ver unha reportaxe do programa “Cos pes na Terra”, da TVG, programa nº 9, ó enlace e:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/cos-pes-na-terra-23-11-2011

Lembren que poden visitarnos todos ós sábados e domingos, de 16 a 21 horas, ou calquera día da semana, previa cita para grupos de mais de 12 persoas.

Terán unha visita moi doce