Revista
Certificación
Lexislación
Paulownia
Nesta ocasión imos presentar una especie que vai dar moito que falar no futuro, estamos a referirnos á Paulownia.
Trátase dunha árbore de orixe asiático, caracterizado polo seu rápido crecemento, un dos de maior producción de biomasa nos seus primeiros anos. Pode acadar ata 5 metros de altura no primeiro ano.
É una especie caducifolia que poder acadar 20-30 m de altura de copa ancha e ramas ascendentes, corteza de cor grisáceo. Resiste temperaturas desde -17ºC hasta 45ºC e require unhas precipitacións medias de 800mm ao ano.
Pode cultivarse nunha gran variedade de chans, tanto nos pobres e degradados como en ricos (lóxicamente afectará ao seu crecemento). Non é conveniente plantala en chans que se encharquen e con unha porcentaxe superior ao 20% de arcilla, preferindo solos soltos e profundos (ten un potente sistema radicular cunha raíz pivotante de ata 9 m).
Con relación á súa madeira (coñecida como Kiri) presenta moi boas características tanto para mobiliario de interior como de intemperire.
Dado o seu potencial de crecemento a producción de biomasa e moi grande o que fai pensar nun prometedor futuro neste mercado potencial.
Pola contra hai que salientar algún inconveniente ( en parte asociadas a este gran crecemento):
-Normalmente requiren riego (o máis habitual é por goteo) o cal encarece a producción
-Hai problemas de competencia con outras especies na zona por acadar luz o que impide o crecemento doutras
-A día de hoxe non hai un mercado maduro para esta especie
Aqueles interesados en ampliar información poden consultar a web http://www.cotevisa.com. En Galicia xa se están experimentando con estes cultivos en máis de 50 concellos, pódese ampliar información en http://sites.google.com/site/paulowniasengalicia/€, donde figuran os contactos para máis información é compra de planta (Maderas Alvarez Oroza, S.L. de Foz)
Servicios o socio
Anuncios
