Comunicado de Prensa de Promagal 19 de Maio 2012

Comunicado de Prensa de 19 de Maio de 2012

  

“ENCE PRETENDE, SEN ÉXITO, ADQUIRIR A MADEIRA DOS SOCIOS DE PROMAGAL POR DEBAIXO DOS PREZOS ACTUAIS”

 

Despóis da reunión mantida entre diretivos de PROMAGAL (Produtores de Madeira de Galiza) e Ence o 16 de maio, chégase a acordo no subministro de 400.000 toneladas, pero non no tocante a prezos para o produtor.

 

19 de Maio 2012. Ence está interesada na compra de 400.000 toneladas de eucalipto dos socios de Promagal, dos 4 millóns de toneladas que compra actualmente en Galicia para o suministro das tres fábricas da compañía. Tamén chégase a acordo entre as dúas partes para poder suministrar esta madeira en destino. Non foi posible chegar a un acordo nos prezos porque a pretensión de Ence é continuar levando a biomasa sin pagar dos propietarios e aplicar unha baixada do prezo da madeira de entre 3 e 12 € nun contexto de subida do prezo da pasta.

 

O contexto actual é idéntico ao da negociación mantida entre Promagal e Ence no ano 2011. O prezo da pasta de papel subeu dende principios de ano 125,68 $/tonelada e sitúase actualmente en 774,63 $/tonelada. Para este valor de pasta os prezos para a madeira deben ser como mínimo de 32€/tonelada con casca e 38 €/tonelada sen casca.

 

Lamentamos profundamente que Ence falte á verdade na nota difundida o sábado 19 aos medios, intentando desorganizar e dividir ao colectivo de propietarios. O suposto descoñecemento que demostra das sociedades cooperativas lévalles a decir que a organización asociativa pretende quedarse co diñeiro dos propietarios. Sendo esto totalmente falso (xa que nas cooperativas o beneficio ou ben queda na mesma entidade como Fondos de Reserva ou  ben se reparte entre os socios, como retorno cooperativo.)