Coto Agudo

O  destino ofrecido é o Coto Agudo. A ruta fárase partindo da parroquia de  Vilaboa no concello de Valdoviño (aínda que o cume é limítrofe con varios concellos). O percorrido ida e volta é de 9,6 Km, a altura máxima de368,5 m i é accesible tanto a pé como en coche ou en bicicleta. A súa situación e altitude permiten que sexa empregado como punto de vixilancia de lumes do Distrito Forestal.

A ruta empeza no centro Cultural Rosalía de Vilaboa  cun tramo recto que bordea As Forcadas, ao final xiramos a esquerda (Vidueiros, Morgadelle, Vilela) . A subida ten un tramo de 1200 metros asfaltados e otros 1800 de terra. No cume  podemos disfrutar dunha vistas que abranguen boa parte da comarca, ademáis de marcar os lindes de Valdoviño, San Sadurniño e Cerdido.

A baixada coincide nos primeiros 1400 m cos mesmos da subida, pero neste punto xiraremos á dereita ata alcanzar a AC-4905, sendo aquí o Km 6,57 da ruta, entón xiramos a man esquerda e continuamos baixando. No Km 8,1 xiramos á esquerda pola pista máis estreita ata acadar as primeiras casas, 400 metros máis adiante no cruce xiramos á dereita e continuamos pola pista estreita ata o km 9.1 no que xiramos á dereita acadando a recta inicial que nos levará novamente ao Centro cultural.

Para mayor información pode consultarse á páxina web do Concello de Valdoviño que ten editada unha guía (que serveu de base para esta aproximación) de sendeiros, que recolle esta e outras rutas para percorrer este fermoso concello.