Souto da Retorta

Cando se fala do forestal e máis en concreto do eucalipto, antes ou despois acaba saíndo Chavín e os seus enormes exemplares desta especicie. Pero unha vez alí, aínda que xa estivéramos anteriormente, sempre nos sorprende, polo que calquer momento pode ser bon para acercarse por primeira vez ou voltar.

Compre lembrar que cerca de este entorno tamén se celebra a Romaría do Naseiro coñecida mundialmente por mozos e non tan mozos. Para chegar ata alí podemos ir pola autovía en dirección Vilalba e sairnos antes cara a Viveiro e   seis kilómetros de Viveiro hai que desviarse  pola estrada  haciaMondoñedo (LU-540) e logo a Chavín (LU-161).

A ruta parte de Chavín (Fábrica de Hidrofersa). A uns 200 metros achamos os primeiros eucaliptos considerables, ao que se ve habitualmente. Seguindo o sendeiro, ao chegar ao cruce de camiños tomamos o da dereita que conduce directamente aos eucaliptos máis grandes, entre os que se atopa O Avó  que acada 67 metros de altura e 10,5 metros de diámetro. Pero non somentes hai eucaliptos, dado que estamos na beira do río Landro, na zona conviven outras especies: freixos, ameneiros, bidueiros, carballos, castiñeiros etc.

Retomando o sendeiro hacia a antigua central hidroeléctrica, a uns 800 metros atopamos a fermosa Pena da Vella, rocha de grandes dimensións suxeita por un ferro curvada. A uns 500 ou 600 m está a saída da presa, onde a auga forma un salto espectacular coñecido como o Salto do Can.

Con esto remata a ruta e podemos voltar á estrada. Dado que estamos moi perto de Viveiro podemos rematar dando un paseo polas suas hermosas e centenarias rúas.

Para comer recomendamos un lugar non menos coñecido e que tampouco está moi lonxe, sería a mítica Casa Cándida en Viveiró (Muras). A Relación Calidade/Precio é inmellorable, pero sorprende sobor de todo  pola cantidade.