Prima de mantemento para o ano 2013 dos expedientes de Axudas

Solicitudes de pagamento da prima de mantemento para o ano 2013 dos expedientes de axudas que foron concedidas ao abeiro de distintas ordes relativas á forestación de terras non agrícolas e fomento de frondosas caducifolias.

 

O día 22/05/2013 publicase  no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 13 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, pola que se dá publicidade ao prazo de presentación de solicitudes de pagamento da prima de mantemento para o ano 2013 dos expedientes de axudas que foron concedidas ao abeiro de distintas ordes relativas á forestación de terras non agrícolas e fomento de frondosas caducifolias.

Todas aquelas persoas que se beneficiaran dunha axuda ao abeiro das ordes que se indican a continuación, poderán solicitar a prima correspondente ao ano 2013 antes do 29 de xuño de 2013

 

       
  • Orde do 9 de maio de 2007 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias.     
  • Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas.      
  • Orde do 28 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas.  
  • Orde do 30 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias.   
  • Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009.      
  • Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009.
         

 

Pode consultar o texto completo desta resolución pinchando  aqui